I Campus Féminas Car Cross celebrado en el Circuito de Carballo

I Campus Féminas Car Cross celebrado en el Circuito de Carballo

Carballo é a sede do primeiro campus “Mulleres Car Cros”, no que participan 10 mozas de toda España

As deportistas foron recibidas na Casa do Concello polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

Dez mozas de distintas comunidades autónomas participaron esta fin de semana no primeiro campus “Mulleres Car Cros”, organizado pola Real Federación Española de Automovilismo, en colaboración co Consejo Superior de Deportes, e que se desenvolve no Circuito Municipal De Carballo. Trátase dunha actividade subvencionada pola Subdirección de Muller e Deporte, cuxo obxectivo é facilitar o acceso de mulleres ao automobilismo deportivo, neste caso do autocrós.

Entre as participantes, que foron recibidas o venres á tarde na Casa do Concello polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, figuran só dúas galegas, e unha delas é carballesa. E aínda que ningunha ten experiencia na competición, con elas está toda unha campioa, Ares Lahoz, unha novísima e prometedora deportista catalá que conseguiu o seu primeiro podio no 2015 e que sen dúbida será o espello no que se miren todas as demais.

Tanto os representantes da organización coma o concelleiro de Deporte desexáronlles, a elas e ás súas familias, unha grata estancia no noso concello e o maior aproveitamento posible do campus, no que están coñecendo a disciplina do autocrós tanto dende o punto de vista teórico coma do práctico, a bordo dun car cros.

Hoxe pola tarde deixarán Carballo despois de adestrar e mellorar as súas habilidades deportivas a bordo dun car cros, nunha iniciativa desenvolvida por Club Rally Coruña, Escola PTC e Ya Car Racing, coa colaboración do Concello de Carballo. Durante as xornadas do campus, as participantes están a recibir charlas de pilotos do Campionato de España de Autocrós, con quen comparten tamén sesións prácticas cos car cros. Ademais, reciben nocións sobre regulamentación básica para afrontar unha competición e viven en primeira persoa a experiencia de formar parte dun equipo de carreiras.

Fuente. Concello de Carballo.

https://www.facebook.com/enboxes.es

https://twitter.com/enboxes

 

Tagged with:

About author

Enboxes

Programa de radio de motor Enboxes CuacFM. Una hora de información del motor en directo los jueves de 23 a 24h en el dial 103.4 FM Coruña y tambien en Internet https://cuacfm.org/directo/

Related Articles

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies