O XI Autocrós Carballo inaugura o Campionato Galego 2019

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato Galego de Autocrós, que arranca este sábado no Circuíto de Bértoa coa proba que organiza, como xa é habitual, a escudería local Máis Motor en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte e a Federación Galega de Automobilismo. Se na xornada de adestramentos libres que se celebrou a semana pasada no trazado municipal carballés foron case 50 os  pilotos que aproveitaron para poñer a punto os seus vehículos, para a carreira que se celebrará esta fin de semana espérase que o número chegue aos 70, entre eles os máximos favoritos ao título en todas as categorías. A inscrición pecha mañá mércores 24 ás 20 horas.

Na clase I (vehículos de estrita serie), o actual campión, Iván Muíño -que esta tempada lidera a categoría Off- Road do certame nacional tras acadar a vitoria nas dúas citas disputadas- terá a difícil misión de revalidar o título. Enfronte, entre outros, estará Tinín Igrexas, subcampión en 2018 e campión en 2017.

Na clase II -destinada a vehículos de tracción dianteira con motores de máis de 1.600 centímetros cúbicos-, Javier Candal defende título co seu Citroën Saxo fronte a rivais directos como Tino Igrexas (Ford Festa R2), sete veces campión autonómico. Na xornada de adestramentos non puido estar Mario Ríos, pero si confirmou a súa presenza en Bértoa o sábado.

Na categoría reina, carcross, a grella reunirá aos mellores condutores, que suman máis de media ducia de títulos galegos. Desde Nigrán, Joaquín Chamorro, competirá novamente con Kincar, a marca da que é fabricante. O último campión da especialidade terá enfronte aos dous pilotos de Semog que lle precederon no título: o arteixán Pablo García (vencedor en 2017) e o afincado en Carral Antón Muíños (2016). Da man de Yacarcross, o local Javier Ramilo arrincará a pelexa polo título que se lle resistiu nas últimas tempadas. Outros pilotos da zona dos que están moi pendentes os afeccionados son Daniel Vázquez, Daniel Mariño (esta tempada, con Kincar) e Alberto Lorenzo. Entre os vehículos da media ducia de fabricantes presentes esta fin de semana en Bértoa veremos o modelo A Base RX01, deseñado e fabricado en Carballo.

 

Presentación

O XI Autocrós de Carballo presentouse este martes  nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente de Máis Motor, Juan Puga; e dúas das promesas da canteira da escudería carballesa, Beto Lorenzo e Fabián Varela.

Puga empezou desexando que mellore a meteoroloxía para a disputa da carreira: “Con este tempo a proba desloce, pero as previsións son de que mellore e que os afeccionados se animen a vir ao circuíto, porque non é o mesmo velo que que cho conten”. En canto a grella, dixo que será “moi parecida á de 2108, entre 70 e 80 pilotos”. O presidente agradeceu a colaboración dos patrocinadores, “non só para a desta fin de semana, senón para as que veñen”, que avanzou que serán unha do campionato nacional, outra do galego e, moi probablemente, unha última de resistencia xa a finais de ano.

Lorenzo e Varela mostráronse ilusionados por correr na casa e poder facer unha boa carreira diante dos afeccionados carballeses.

“Coas probas que xa se levan disputadas, e non só de autocrós, o circuíto de Bértoa”, afirmou o alcalde, “empeza a ser un referente non só circuíto galego, senón tamén no nacional”. “O que nos gusta”, engadiu, “non é só ver en Carballo aos aspirantes ao título, senón tamén xente que se incorpore ao mundo do motor, como Beto e Fabián”. “Para iso”, rematou, “tamén está o circuíto, para que o sexa con actividade permanente, ao que sen dúbida contribúe o traballo de Máis Motor”.

Fuente. Gabinete de Prensa

https://www.facebook.com/enboxes.es

https://twitter.com/enboxes

 

Tagged with:

About author

Enboxes

Programa de radio de motor Enboxes CuacFM. Una hora de información del motor en directo los jueves de 23 a 24h en el dial 103.4 FM Coruña y tambien en Internet https://cuacfm.org/directo/

Related Articles

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies