Presentación do IV RallyMix Cuntis Vila Termal.

Presentación do IV RallyMix Cuntis Vila Termal.

A proba conta con dous campeóns do mundo como principal reclamo.

O pasado Luns día 9, ás 21:00h na biblioteca municipal Roberto Blanco Torres de Cuntis, tivo lugar a presentación do IV RallyMix Cuntis Vila Termal.
A este acto, presidido polo Alcalde Manuel Campos Velay, acudiron tamén o Deputado Gorka Gómez (Deputación de Pontevedra), o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da
Xunta de Galicia, Daniel Benavides, a Concelleira de Deportes do Concello de Cuntis Conchi Campos e membros da Escudería Cuntis Vila Termal: ,Mercedes Pazos e David Calvo.

O acto, que estaba programado para as 21h, comezou coa exposición dos datos técnicos da proba por parte da Vicepresidenta Mercedes Pazos, que salientou os 12.000 metros de treito de terra e asfalto polos que se realizarán 5 pasadas; tres pasadas o sábado 14 e dúas o sábado 15. Así mesmo, Mercedes Pazos dou boa conta do amplo dispositivo de seguridade preparado para estes dous días de competición: máis de 25km de cinta de seguridade, 2.000 estacas, vallas, 2 ambulancias, 2 equipos médicos/enfermeiros, 2 UVI móbil, 2 vehículos de rescate, motobombas antiincendios, 50 extintores e 58 efectivos de protección civil.

Logo da visualización dun video no que se explicaba a participación de Jan e Nil Soláns (campeóns do mundo WRC junior) no RallyMix, o seguinte en tomar a palabra foi David Calvo, o presidente da Escudería Cuntis V.T., quen agradeceu a presenza de Diputación e Xunta de Galicia e suliñou así mesmo a importancia do apoio das institucións para a realización das probas deportivas, entre elas os propios partidos políticos do Concello de Cuntis, que nesta ocasión non faltaron á chamada da escudería.

Os seguintes en tomar a palabra foron Gorka Gómez (Deputado de deportes da Deputación de Pontevedra) e Daniel Benavides (Xefe provincial para o Deporte da Xunta de Galicia).
Ambos agradeceron a invitación da Escudería Cuntis V.T. e alabaron o traballo da Escudería e o Concello para sacar adiante esta proba que cada ano reúne en Cuntis a máis de 20.000 persoas nunha fin de semana.
No seu turno de palabra, o Alcalde Manuel Campos, agradeceu a presencia de Gorka Gómez e Daniel Benavides e instou á Escudería Cuntis V.T. a seguir facendo esta proba nos próximos anos, brindando de novo a colaboración do Concello de Cuntis.
Pechouse o acto, recordando que a falta de 3 días para o peche de inscripcións, o número de participantes é de 57 inscritos. Así mesmo, o condutor do acto, agradecía a tódolos patrocinadores o seu apoio econónimo e ós partidos políticos de Cuntis a súa presencia.

 

Remataba convidando a todos os espectadores a disfrutar, con seguridade, do IV RallyMix Cuntis Vila Termal.

Fuente. Comunicado de Prensa

https://www.facebook.com/enboxes.es

https://twitter.com/enboxes

Tagged with:

About author

Enboxes

Programa de radio de motor Enboxes CuacFM. Una hora de información del motor en directo los jueves de 23 a 24h en el dial 103.4 FM Coruña y tambien en Internet https://cuacfm.org/directo/

Related Articles

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies