Presentación III RALLYMIX CUNTIS VILA TERMAL

Presentación III RALLYMIX CUNTIS VILA TERMAL

 Escudería Cuntis VT. e o Concello de Cuntis, presentaron o pasado sábado  en sociedade a terceira edición do RallyMix Cuntis Vila Termal.
A este acto asistiron o presidente da Escudería, David Calvo. A vicepresidenta Mercedes Pazos. O piloto cuntiense J. Miguel Martínez “Bamarti” e o alcalde Manuel Campos. Así mesmo, tamén houbo presencia dos partidos que compoñen a corporación cuntiense.
Nesta presentación, explicáronse os detalles desta nova edición do RallyMix. Unha proba que consta dun único treito de 14.800 metros, composto por un 70% de terra e un 30% de asfalto. Por este treito, faranse 5 pasadas: tres na xornada do sábado 16 e 2 na do domingo 17.
Este ano, volveremos a contar coa presencia do piloto internacional Albert LLovera, que exercerá de Padriño da proba. Ademáis, nesta terceira edición, a copiloto de Pepe Mieres, será a actriz e presentadora da TVG Lucía Regueiro.

A seguridade é moi importante para a nosa escudería e para seguridade de Pilotos e Espectadores, teremos:


  • 2 ambulancias e 2 equipos médico/enfermeiro.

  • 2 vehículos de rescate.

  • 4 autobombas.

  • 4 vehículos de acción rápida e excarcelación. 5 todoterreos en treito para remolcar posibles vehículos averiados.

  • 28 kilómetros de cinta de seguridade.

  • 1.800 estacas para colocación de cinta.

  • 60 puntos de control.

  • 80 extintores repartidos polo tramo.

  • 80 efectivos de Protección Civil.

  • 180 sinais de curva.Fuente. Gabinete de Prensa

https://www.facebook.com/enboxes.es

https://twitter.com/enboxes

Tagged with:

About author

Enboxes

Programa de radio de motor Enboxes CuacFM. Una hora de información del motor en directo los jueves de 23 a 24h en el dial 103.4 FM Coruña y tambien en Internet https://cuacfm.org/directo/

Related Articles

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies