Sufrida victoria en San Rosendo

Sufrida victoria en San Rosendo

 

Tras dúas semanas colleitando derrotas a terceira tocou gañar.

Un partido importante no que solo valia a victoria para poder achegarse os postos de cabeza. A tarde comezaba con sorpresa na alineación, debut como titular do xuvenil Diego Rivera, e una defensa inédita, Mike, Pepi e Chivi.

O partido comezou con dominio local e cun gol anulado a Mike na saida dun saque dende o curruncho que remata o longueiro, a xogada segue cun barullo na área e acaba o balón dentro pero o arbitro sinalou falta o porteiro. O Francelos non se arruou e puido marcar tras un tiro de Guille que detivo Isi e Mike mandou a corner o rechece.

Tras esta xogada no minuto 38 Pulpi rouba un balón en tres cuartos de campo, avanza ata o borde da área e bate o porteiro cun tiro raso axustado o pao, eran os mellores minutos do equipo e puidpo facer o segundo dous minutos despois, Pulpi de novo so diante do porteiro, tras una boa xogada de Code, manda o balón fora cando xa se cantaba o gol.

Despois desa ocasión chegamos o descanso e na volta dos vestirarios conseguimos o segundo gol nunha boa xogada de Pulpi e Moi que asiste a Alvaro para que solo teña que empurrar o balón.

O mais dificl estaba feito pero o Francelos non se relaxou e atopuse cun tanto de falta directa de Dabarca no minuto 72, tras o gol o Francelos confiou na remontada e foise o ataque e consegue empatar o partido no minuto 80, cun golazo de Romario dende o borde da área o que nada puido facer Isi.

Con tan so 10 minutos por diante e pouco tempo pa reaccionar, o equipo dispuxo de dúas ocasións clarísimas, a primeira na saída dun córner, remate de Alvaro que saca un defensa baixo paos. Dous minutos despois Arthur priemeiro e Omar tiveron o gol da victoria tras un bo pase de Juan, pero primerio a defensa e despois o porteiro desvarataron o gol.

O partido estaba aberto e calquera dos dous equipos podía levar os 3 puntos, ata que no minuto 87 apareceu Juan para coller un despexe nun córner e ca súa perna esquerda bater a Diego. San Rosendo entrou en xubilo festexando o gol da victoria.

Nos minutos finais o Francelos quedouse con 9 xogadores tras a expulsión de Xabi e Alejandro. Con 5 minutos de desconto o esquipo aguantou os balóns longos do Francelos e mantivo os 3 puntos.

Para  a semana visita o Polígono, nun partido moi importante xa que si se gaña alcanzamolos na clasificación. Con esta victoria balsámica e cas altas de Lito, Patas e Sergio o equipo saira o campo cas pilas cargadas para sumar otros 3 puntos.

 

About author

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies